Sen nós non se move o mundo

O trabalho reprodutivo e os coidados son temas centrais da axenda feminista desde os comezos do movemento. Ao longo dos últimos séculos, o heteropatriarcado capitalista transformou o  traballo doméstico nun atributo natural da feminidade, en lugar de ser recoñecido como un traballo máis, porque estaba destinado a non ser remunerado.  Ocupouse ademais de invisibilizalo, deixando así ás mulleres nun lugar de grande vulnerabilidade, como se pode ver estos días no caso de Gloria, unha traballadora do fogar agredida polo fillo do seu empregador, ao que se enfronta valentemente este mércores 13 nos xulgados de Compostela.

O 25 de novembro, Día Internacional Contra as Violencias Machistas, estivemos en Compostela conhecendo o trabalho da Asociación Sociocultural Nosotras Por los cuidados y el Empleo del Hogar. Nosotras é un colectivo de mulleres migrantes de Granada que reivindica os coidados e o traballo do fogar como tarefas esenciais para o sostemento da vida e das persoas.

Sigue leyendo

Anuncios

A danza é a melhor vinganza

a danza é a mellor vinganza

Retomamos a actividade agora que parece que remata o verán e chega o frío.

Estivemos agardando ao outono para lanzar este programa pero este maldito cambio climático non nos deixou facelo ata agora. Así que, xa que por fin chegaron as xiadas, aquí vai!

Agardamos que nos sirva para invocar xuntas á chuvia 😉

Traémosvos unha selección dalgúns dos nosos temas favoritos, inspirados por catro propostas :

-summertime

-músicas do país

-novo, velho, prestado e azul

-directos

e un peche con recomendacións extra.

Esperamos que vos gusten e que escorrentedes o frío con nós.

 

 

 

Nós tamén estamos F A R T A S

21850516_10154734675502657_1818392941_n A Resistencia do Dedo Medio estreamos colaboración coa Revirada porque nós tamén estamos F A R T A S!

Fartas de fronteiras.

Fartas do amor romántico.

Fartas dos moralismos, tamén os da esquerda.

Fartas do racismo, e de novo, da moral.

Fartas do clasismo.

Fartas do heteropatriarcado.

Fartas de ser precarizadas, violentadas, e asasinadas.

Fartas dos esencialismos, da mística da feminidade.

Fartas dos machos.

Fartas de ser compracentes, de facer pedagoxía, de manter as formas.

Fartas do que a historia nos debe, do que nós debemos a quen está en lugares menos privilexiados ca nós.

Estamos fartas.

Fartas de esperar a que suceda a revolución.

►Playlist Sigue leyendo

Ocupemos todo

Volvemos cun novo programa da Resistencia do Dedo Medio, co noso ritmo, para cuestionar que traballar en xullo se faga con orgullo.

imaxe programa

Desta volta traemos un programa no que falamos coas companheiras do CSO Escarnio e Maldizer que o día 30 de maio era desaloxado en Compostela. Nos días seguintes a policia cargou contra as protestas  e houbo unha forte campanha nos medios para tratar de deslexitimar o trabalho feito nestes tres anos. Na Resistencia do Dedo Medio #NósTambémSomosEscarnioEMaldizer porque, como recolhía estes días un texto nas redes: «a solidariedade é semente na nosa autonomía, nas nosas relacións, o reverso da súa miseria.»

O programa continúa cunha entrevista a unha das integrantes do Espazo Vegafeminista. Este grupo de trabalho presentou nos últimos meses a Guía de boas prácticas para evitar o sexismo no movemento antiespecista. Falamos con ela deste documento e de cómo é a relación entre o feminismo e o antiespecismo. O texto da introdución é unha tradución propia e libre dun fragmento que aparece nun dos fanzines do colectivo Jauria. Podedes descargar este e outros zines do grupo libremente na rede.

Escoitadenos. Compartide. Ocupade con nós as praias, os ríos e as montanhas. Ata o próximo programa!

Grazas infinitas a todas as amigas e compas que participaron neste programa e que compartiron o seu trabalho con nós e o seu tempo ❤

► Playlist

Sigue leyendo

Existimos e resistimos

 

A resistencia

A gran Gloria Fuertes recordábanos que a historia -pasada e presente- está chea dun montón de homes mediocres e nós queremos encher a nosa de mulleres e persoas que rompan coa heteronorma, de voces bravas e de ritmos, de todas aquelas que só por existir resisten.

O novo programa da Resistencia do Dedo Medio é unha homenaxe e unha celebración. Nesta ocasión traemos a selección musical que pinchamos no Festival Feminista de Porto. Comezamos con Gata Cattana e fixemos unha compilación das músicas que a nós nos gustan, as que botamos en falta nas festas e nos bares, quen toca a guitarra e quen non, os estilos dos que nos reapropiamos.

Teñades feiras ou non danzade con nós, soltas ou de mans dadas!

2015-07-16 16.32.56
Peixeiras de Vilaxoan

Gratas ao Festival Feminista de Porto e a todas as súas fantásticas organizadoras! ♥ Gratas ao Contrabando e á nosa marabilhosa técnica de son! ♥ Gratas a Inés, que nos acolheu na súa casa! ♥ Gratas a todas as persoas que conhecimos e que tan bos momentos nos fixeron pasar! ♥ Gratas ás amigas que estiveron con nós, nestes días e en todos os anteriores,ensinándonos, dándonos hamor e listas de música   ♥ Gratas a Porto!

► Playlist  Sigue leyendo

Nós paramos

17102062_10212138016588548_2070560221_n_vga

Nós hoxe, 8 de marzo, tamén paramos. Porque nos sobran as razóns.

Decidimos lanzar un novo programa de A Resistencia do Dedo Medio non como unha celebración senón como un xeito de participar no paro internacional convocado para hoxe. Nós paramos, participando nas accións convocadas na nos contorna, facendo folga de traballo e de consumo e contribuíndo á difusión do feminismo.

Mentres paras ou calquera outro día podes escoitar o novo programa. Esperamos que vos guste.  Hoxe, e sempre, avante a loita feminista!

Neste novo programa charlamos co Sara Leão, unha das organizadoras do Festival Feminista de Porto, que nos contou cómo se está a desenvolver esta proposta que enche de feminismo a cidade. Alén de asistir a calquera das actividades que están a organizar durante todo o mes, podedes participar no sostemento material desta iniciativa a través do crowfunding que teñen aberto para pagar as axudas de custo das participantes.

 

Playlist

Ni Una Menos «8M Paro Internacionla de Mujeres»

The Knife «Pass This On»

Julee Vee «Power to the Womanhood»

Emel «Ensen Daif»

Sarah Blasko «No Turning Back»

Corpos (sobre)saíntes

il_570xn-379221329_d3v4

Gorda, reboluda, anchota, de ósos pesados, grande, grandota, mal feita; muller fóra dos cánones. Nos últimos tempos resoa nas nosas orellas a denuncia do que supón para unha muller ser gorda; un berro alto e claro que nos di ás compañeiras feministas que non esquezamos que a beleza é unha opresión máis, e estar fóra dela, desa beleza que nos marcan os homes, os medios, as series, os libros, é castigado con dureza.

A gordofobia manifestase no sistema heteropatriarcal en diferentes espazos de opresión a través da invisibilización cultural  e o silenciamento das persoas gordas, a discriminación laboral, a discriminación sanitaria, o acoso escolar, o acoso de rúa, a humillación pública e o rexeitamento afectivo-sexual.

Na presentación do libro Stop Gordofobia lanzouse unha pregunta ao público: Con cantas persoas gordas mantivestes relacións sexuais? A pregunta ficou rebotando nas nosas cabezas, sen poder saír, facéndonos conscientes de que para nós, activistas e feministas, a gordura non era algo desexable. Nós, tamén somos gordofóbicas.

Neste programa da Resistencia do Dedo Medio charlamos con Magda Piñeiro, unha das administradoras da páxina Stop Gordofobia e  activista feminista cun forte traballo na interseccionalidade das opresións, concretamente na relacionada coa gordura.

Playlist

Victoria Santa Cruz «Me llamaron negra»

Krudas Cubensi «La Gorda»

Elza Soares «Mulher do fim do mundo»

Mercedes Peón «Derorán»

Nina Simone «Marriage is for old folks»